Búscanse emprendedoras gamberras que sementen economía rebelde

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


A Escola de Emprendedoras Juana Millán vén de convocar a terceira edición dos seus premios, que buscan recoñecer o esforzo das emprendedoras e identificar proxectos que poñan en valor os principios, valores e prácticas da Economía Social e Solidaria, que aposten polos valores que achega a Economía Feminista e que se apoien no valor do Colectivo, que son tamén os principios e valores da Escola de Emprendedoras Juana Millán. De maneira que estes premios sirvan para impulsar e promover o emprendemento feminino transformador.

A Escola de Emprendedoras Juana Millán está comprometida coa iniciativa emprendedora das mulleres a través da creación de empresas e ideas de negocio rendibles cunha tripla perspectiva: económica, ecolóxica e social.

Categorías dos Premios Juana Millán 2024:

  • Premio Juana Novel 2024: Para novos proxectos. Dirixido a empresas de recente constitución con ata 3 anos de vida.
  • Premio Juana Veterana 2024: Para proxectos consolidados. Dirixido a empresas con máis de 3 anos de percorrido.
  • Premio Juana Heroica 2024: Para proxectos en contextos rurais. Dirixido a quen desenvolve o seu proxecto en zonas despobladas.
  • Premio Juana Nacente 2024: Para novos proxectos de economía social e solidaria. Dirixido a empresas de Economía Social en proceso de constitución en 2024.
  • Premio Juana Inspiradora 2024: Proxecto honorífico outorgado pola Escola a referentes (sen necesidade de candidatura).
  • Premio Con Nome Propio 2024: Un recoñecemento para todas as candidatas polo seu esforzo de emprender.

En Ardora tivemos a honra de ser galardoadas na primeira edición dos premios na categoría "Juana Inspiradora", premio honorífico a 18 anos de traxectoria onde prima a colaboración e a economía social.  Queremos animar a todas aquelas promotoras que conten cun proxecto de economía social a presentar a súa candidatura a estes premios, que son unha iniciativa fantástica para tecer redes de apoio e dar visibilidade aos nosos logros, en moitas ocasión difuminados polas urxencias do día a día.

Toda a información sobre o proceso de presentación, os criterios de avaliación e os beneficios de participar atópase dispoñible na web da Escola de Emprendedoras Juana Millán. As candidaturas poden presentarse ata o 7 de xullo

Non perdas a oportunidade de ser parte deste movemento transformador.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar